Dossier Patrocinio ACT 2021
 
  Presentación y Ventajas de Patrocinio Impacto económico y mediático de una regata Seguimiento de las Ligas Líneas de patrocinio  
           

A Asociación de Clubs de Traiñeiras nace no 2003 co obxectivo de impulsionar e apoiar a expansión do remo, unha modalidade deportiva que forma parte da historia da cornixa cántabro-atlántica.

A ACT está formada polos 12 clubs de remo máis importantes do norte que gozan dunha grande relevancia social. Hoxe en día, a competición de traiñeiras convertiuse nun referente do deporte espectáculo de elite en canto a seguemento mediático, audiencias televisivas, asistencia de afeccionados e patrocinadores, unha excelente plataforma onde as entidades poden desenvolver as súas estratexias promocionais e de marketing e, ao mesmo tempo, asociárense a valores como o esforzo e o sacrificio, a disciplina, o traballo en equipo, a sincronía, a nobreza, a superación, etc.

A competición ofrece tamén a experiencia de gozar dun evento deportivo de primeiro nivel dunha perspectiva única. Unha actividade que xera a promoción de marcas e cidades ou territorios que a acollen, impacto económico, arraigo e unha chea de beneficios en lugares con encanto ligados ao lecer e á gastronomía.

 
Dossier Patrocinio ACT 2021