Novas

ESPECIAL

10 Xul 2019

A competición chega á baía da Concha

A competición chega á baía da Concha

Este sábado a elite do remo desembarcará na famosa baía donostiarra para desputar a Bandeira Kaiarriba - Amenabar

Nova fin de semana de competición para os equipos da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren logo do primeiro paso das embarcacións por terras galegas. Os equipos masculinos afrontan este sábado a súa sétima xornada mentres que as embarcacións da competición feminina competirán na quinta regata da tempada. E a deste sábado non será unha regata calquera, xa que a competición chega a un escenario especial, cheo de historia e un misticismo especial, a baía da Concha.

Este sábado 13 de xullo, a partir das 18.00 horas, desputaranse na capital guipuscoana a XII Bandeira Kaiarriba – Amenabar da Eusko Label Liga e a IV Bandeira Kaiarriba – Amenabar da Liga Euskotren. Dúas bandeiras que servirán aos clubs para continuaren a sumar puntos nas súas correspondentes competicións na procura da Coroa CaixaBank e do Trofeo Euskotren. Os clubs masculinos terán que completar un traballo de 5.556 metros, divididos en catro longos e tres ceavogas, coas balizas de saída e chegada situadas frente o Aquarium de San Sebastián, mentres que as embarcacións da Liga Euskotren competirán nunha distancia de 2.778 metros.

O acto de presentación desta xornada de remo donostiarra tivo lugar esta mañá no Restaurante Bokado, situado na parte superior do Aquarium de San Sebastián. Nela estiveron presentes Ane Sarrionandia, responsábel de Marketing e Comunicación de Amenabar; Josu Sainz, Director Xeral de Promocións de Amenabar; Martin Ibabe, Concelleira de Deportes do Concello de San Sebastián; Alberto López, presidente de Donostiarra; e Andoni Echebeste, responsábel de Marketing e Comunicación de Donostiarra.
    
Premios para os mellores

Durante a xornada do sábado as bandeiras e os maillotes non serán os únicos premios que se repartan. Donostiarra entregará aos vencedores da regata uns trofeos creados polo escultor donostiarra Iñigo Aristegui. Por outra banda, a Peña Portaletas premiará os equipos da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren que consigan dar a mellor ceavoga da regata.

Voltar