Novas

ASOCIACION

10 Abr 2019

ACT e Zarautz, unha relación para catro anos máis

ACT e Zarautz, unha relación para catro anos máis

A Asociación e o Concello guipuscoano renovan o seu acordo polo cal a clásica dobre xornada se manterá no calendario durante catro anos máis

A relación entre a ACT e Zarautz prolóngase catro anos máis. Logo da renovación do acordo asinado no día de onte no Concello da localidade costeira, o calendario estival da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren asegura contar con esta histórica regata até o ano 2022.

Unha regata que estivo presente en todas e cada unha das edicións da máxima categoría do remo dende a súa creación en 2003, na que Astillero levou a vitoria. Xa no 2006, pasou ao formato da dobre xornada co que se competiu até o de agora. Dende entón, Kaiku, Orio Babyauto, Castro, Urdaibai Avia e GO fit Hondarribia foron quen de ondearen a súa bandeira en augas de Zarautz.

Con esta renovación, tanto a ACT como o Concello de Zarautz seguirán a apostar firmemente pola emoción, o espectáculo e a igualdade que garante a Zarauzko Estropadak. Borja Rodrigo, presidente da Asociación, e Xabier Txurruka, alcalde de Zarautz, foron os encargados renovaren este acordo hoxe no concello guipuscoano. O alcalde da localidade guipuscoana quixo salientar a importancia que as regatas da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren teñen no verán para a cidade. Pola súa banda, o presidente da Asociación mostrouse satisfeito pola continuidade dunha regata tan prestixiosa como Zarautz dentro do calendario estival da ACT.

Voltar