Novas

ESPECIAL

20 Xu˜ 2018

Xa está disponíbel a Web APP da Eusko Label Liga

Xa está disponíbel a Web APP da Eusko Label Liga

Segue a nova tempada de preto coa nova Web APP e non perdas detalle ningún

Coa nova Eusko Label Liga Liga Euskotren a piques de encetar, xa está preparada a Web APP da nova tempada para que non perdas detalle. Isto permitirache estar informado de todo canto acontece durante toda a tempada en calquera lugar e do xeito máis accesíbel, a través do teu smartphone.

Esta Web APP da Eusko Label Liga ofrece datos realmente interesantes para seguires a liga de preto; planteis, resultados, clasificacións, noticias… e podendo levares todo isto onde sexa, no teu peto en cada unha das 19 xornadas da Eusko Label Liga.


Instalar a Web APP no teu dispositivo é moi sinxelo, en dous simples pasos xa o tes:

1) Entra desde o buscador do teu móbil en www.euskolabelligaapp.com

2) Crea un acceso directo (ou engádea á túa páxina de inicio)


Así que a teñas instalada, é apenas gozares do remo!

Voltar