Novas 2018
ESPECIAL
07 Mai 2018
Experimenta a paixón da Eusko Label Liga!
Faite co teu abono e vive con todo tipo de comodidades unha tempada cargada de segundos de adrenalina
Goza de toda a adrenalina do mellor espectáculo do verán presenciando todas as batallas da Eusko Label Liga – Coroa CaixaBank 2018 e compartindo cos teus convidados experiencias inolvidábeis con todo tipo de comodidades. E é que desde o palco vip, situado na área de saída e chegada, poderás gozar dunha visión inmellorábel do desenvolvemento da regata, ademais de contar con televisores para poder seguir o percurso de cada unha das quendas.
Non perdas nin un detalle da regata desde o teu asento no palco vip e saborea ademais a coidada gastronomía do noso servizo de catering, cos mellores produtos de Eusko Label e San Miguel. Queres conseguir un abono para toda a tempada? Envíanos un email a gestion@actremo.com e consulta as tarifas para facerte con un abono de tempada.