Novas 2017

COMPETICION

19 Ago 2017

Orio Babyauto colle vantaxe en Zarautz

Orio Babyauto colle vantaxe en Zarautz

A ‘San Nikolas’ conseguiu 15” de vantaxe para desputar mañá a segunda xornada da XL. Zarauzko Estropadak

Orio Babyauto non deu opcións aos seus rivais na primeira xornada da XL. Zarauzko Estropadak e ficou coa vitoria con un rexistro de 20’21”52. Urdaibai Avia continúa no liderado con 146 puntos e Ioseba Amunarriz mantén a primeira posición da clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón con 15 puntos.

Orio Babyauto marcou un ritmo altísimo dende as primeiras padas, que non deron seguido os seus compañeiros de quenda. Ao final, os ‘aguiluchos’ conseguiron un rexistro de 20’21”52. Urdaibai Avia levou a segunda praza hoxe a 15”38 da ‘San Nikolas’ e Hondarribia rematou en terceira posición con 20’40”76. Kaiku pechou a quenda de honra con 21’14”42 e caeron á quinta praza na regata de hoxe.

Zierbena Bahías de Bizkaia dominou dende o segundo longo na segunda quenda do día de hoxe marcando en meta un gran tempo de 21’07”88, o que lle valeu a cuarta praza. San Juan Sumelec rematou a regata en sexta posición a 19”42 dos ‘galipo’. Ondarroa Cikautxo caiu até a décima posición con un rexistro de 21’44” e Tirán Pereira remata esta xornada na onceava posición con 21’49”88.

A primeira quenda deixounos hoxe unha bonita loita entre Astillero e San Pedro, na que ao final se impuxo a ‘Libia’ con un tempo de 21’29”12, logrando a sétima plaza. Astillero foi oitavo con 21’36”28 e Ares noveno con 21’40”56. Cabo pechou a clasificación da primeira xornada da XL. Zarauzko Estropadak con un rexistro de 22’03”78.

Cuarta Liga Euskotren para San Juan Iberdrola

As ‘Batelerak’ de San Juan Iberdrola proclamáronse, a falta dunha xornada, campioas da Liga Euskotren por cuarta vez consecutiva tras venceren na primeira xornada da Zarauzko IX. Ikurriña con un tempo de 11’41”65. Hibaika Jamones Ancín foi segunda a 9”78 das sanjuandarras e Orio Babyauto foi terceiro con un rexistro de 12’09”00. Arraun Lagunak Donostia pechou a quenda da Liga Euskotren o día de hoxe con un tempo de 12’45”34.

 

Todo por decidir

Mañá os clubs da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren voltarán encontrarse no mesmo escenario para desputaren a segunda xornada da XL. Zarauzko Estropadak e a Zarauzko IX. Ikurriña respectivamente. A xornada comezará coa quenda feminina ás 12.00 horas, tras a que virá a regata masculina.

Voltar