Novas 2017

ESPECIAL

16 Ago 2017

Dobre ración de remo en Zarautz

Dobre ración de remo en Zarautz Dobre ración de remo en Zarautz

Esta mañá tivo lugar a presentación da XL. Zarauzko Estropadak e da Zarauzko IX. Ikurriña na Bodega Talai Berri

Esta fin de semana a Eusko Label Liga e a Liga Euskotren desputarán unha das regatas clásicas de cada tempada estival, a dobre xornada de Zarautz. Estas dúas xornadas de remo terán lugar o sábado ás 18.00 horas e o domingo a partir das 12.00 horas, e nelas poranse en xogo a XL. Zarauzko Estropadak e a Zarauzko IX. Ikurriña, onde se coñecerá o nome das novas raíñas da Liga Euskotren.

O campo de regatas destas dúas probas voltará repetirse tras as modificacións incorporadas na tempada pasada, co obxectivo de preservar a seguridade dos deportistas. As quendas da xornada do sábado organizaranse en base á clasificación xeral da Eusko Label Liga, polo que na primeira quenda estarán Astillero, Ares, Cabo e San Pedro; na segunda competirán Ondarroa Cikautxo, Tirán Pereira, San Juan Sumelec e Zierbena Bahías de Bizkaia; e por último, na quenda de honra remarán Kaiku Producha, Orio Babyauto, Hondarribia e Urdaibai Avia. Porén, na xornada do domingo as quendas administraranse en base á clasificación da xornada do sábado. O vencedor das bandeiras, tanto da masculina como a da feminina, sairá da suma dos tempos das dúas xornadas.

Esta mañá celebralouse a presentación de ambos encontros en Talaiberri Txakolindegia, na que estiveron presentes, Xabier Txurruka, alcalde de Zarautz; Gaizka Garmendia, representante do Zarauzko Arraun Elkartea; Ixidor Larrañaga, Cocejal de Turismo del Ayuntamiento de Zarautz; e Xabi Zubiri, Director de Comunicación da ACT. E como ven sendo habitual, o Concello de Zarautz fixo entrega dun trofeo ao gañador da primeira metade da Eusko Label Liga, que recolleu Joseba Fernandez en representación de Urdaibai Avia.

Dossier da regata

Voltar