Novas 2017

ESPECIAL

14 Ago 2017

O Tour Coroa CaixaBank xa está en Zarautz

O Tour Coroa CaixaBank xa está en Zarautz

O Trofeo da Eusko Label Liga deixa Hondarribia para se estabelecer na localidade guipuscoana

Volta á estrada! Unha vez rematada a estadía da Coroa CaixaBank en Hondarribia, o trofeo volta porse en marcha para chegar ao seguinte punto da súa viaxe. Con motivo da desputa esta fin de semana da clásica dobre xornada da XL Zarauzko Estropadak, o máximo galardón da Eusko Label Liga descansará até o vindeiro 20 de agosto no Polideportivo Aritzbatalde da localidade guipuscoana, onde estará disponíbel para quen queira tirar unha foto con el.

Participando no Tour Coroa CaixaBank poderás conseguir dous pases para veres en directo a última regata do calendario dende o Barco da Eusko Label Liga, onde precisamente se fará entrega da Coroa CaixaBank ao vencedor da competición. Ademais, entrarás no sorteo dun maillote CaixaBank ao Mellor Patrón, deseñado esta tempada por Magia Sport, Official Partner da Eusko Label Liga. Para entrar no sorteo só tes que procurar o teu punto máis próximo do Tour Coroa CaixaBank que se realizará ao longo de todo o verán e tirar unha foto coa Coroa CaixaBank. Despois faite seguidor de @actraineras en Twitter e súbea co hashtag #TourCoronaCaixaBank.

Non perdas esta oportunidade de tirares unha foto coa Coroa CaixaBank!

Tour Coroa Caixabank

Estas son as datas e os municipios que acollerán a Coroa CaixaBank:

Do 26 de xuño ao 6 de xullo Bilbao | Oficina CaixaBank (Gran Vía, 38)
Do 10 de xullo ao 17 de xullo Donostia | Oficina CaixaBank (Churruca, 14)
Do 17 de xullo ao 23 de xullo Santander | Oficina CaixaBank (Jesús de Monasterio, 19-21)
Do 24 de xullo al 30 de xullo Getxo | Polideportivo Gobela (Luis López Oses, 3)
Do 1 de agosto ao 12 de agosto Hondarribia | Polideportivo Hondartza (Foru)
Do 13 de agosto ao 20 de agosto Zarautz | Polideportivo Aritzbatalde (Araba, 20)
Do 21 de agosto ao 27 de agosto Boiro
Do 28 de agosto ao 11 de setembro Donostia
Do 11 de setembro ao 16 de setembro Portugalete
 

Voltar