Novas 2017

ESPECIAL

11 Ago 2017

Volta á competición

Volta á competición

A Eusko Label Liga afronta de mañá en diante a segunda metade da tempada coa desputa de dúas novas xornadas en Hondarribia e Ondarroa

Tras un breve parón no calendario para a desputa do Campionato de España de Traiñeiras, onde a ‘Bou Bizkaia’ de Urdaibai Avia conseguiu levar a medalla de ouro, as 12 traiñeiras da Eusko Label Liga voltan enfundar os seus maillotes para continuaren na loita pola Coroa CaixaBank. A clasificación xeral segue moi apertada e aínda non hai nada decidido de cara ao final desta tempada de 2017.

Urdaibai Avia ostenta o liderado momentáneo con 111 puntos, con tres de vantaxe sobre Hondarribia. Orio Babyauto tenta manter o ritmo dos dous primeiros clasificados no terceiro posto con 99 puntos e o mesmo número de bandeiras gañadas, tres, nesta tempada da Eusko Label Liga. Kaiku Producha pecha a quenda de honra con 81 puntos, a 30 do primeiro posto. Zierbena Bahías de Bizkaia, grazas a varias boas actuacións este ano álzase até a quinta posición con 68 puntos, axexados por Tirán Pereira e San Juan Sumelec, ambos con 56, que voltan á súa loita particular destas últimas tempadas. Tras estes, Ondarroa Cikautxo aférrase á oitava praza, con 53 puntos, na súa primeira tempada na máxima categoría do remo. Cabo abre a listaxe dos equipos da primeira quenda na novena posición con 47 puntos, os mesmos que a ‘Libia’ de San Pedro. Ares marca nestes momentos a praza do playoff na onceava praza con 31 puntos e Astillero pecha a clasificación xeral con 22 puntos, a 9 da ‘Santa Olalla’ dos coruñeses.

No que respecta ao trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón, Ioseba Amunarriz é quen lidera esta clasificación con 15 puntos, mentres que Iker Gimeno, con 9, e Oscar Hermo, con 7, encabezan o grupo perseguidor na loita por se faceren con este trofeo.

Hondarribia, o sábado ás 18.00 horas, acollerá a onceava xornada do calendario que ten por nome Hondarribiako XXX. Bandera – GP Mapfre. O encontro hondarribiarra xa é un clásico dentro da Eusko Label Liga, que se ven desputando nas 15 tempadas celebradas até o momento, e durante todos estes anos, son moitos os equipos que conseguiron a vitoria nestas augas: Astillero, Mecos, Cabo, Urdaibai Avia, Orio Babyauto, Kaiku Producha, e como non, a traiñeira local. Precisamente a ‘Bou Bizkaia’ foi a última vencedora desta regata, ao igual que tamén posúen o mellor rexistro deste encontro, 19’21”89, logrado na edición del 2008. Cómpre salientar que este campo de regateo conta con un rexistro mellor, fóra da Eusko Label Liga, cando Kaiku Producha parou o crono en 19’16”84 nun Campionato de Euskadi. En canto á diferenza entre os dous primeiros clasificados, a menor distancia deuse no 2009 cando a regata se decidiu por apenas sete décimas a favor de Orio Babyauto, deixando en segundo lugar a Castro. En 2015, Urdaibai Avia consiguiu unha ampla diferenza de 15"88 na liña de meta sobre a traiñeira local, convertíndose así na maior diferenza entre os dous primeiros clasificados.

Xa no domingo, a competición porá rumbo a Ondarroa para desputar a primeira regata na máxima competición do remo nesta localidade, correspondente á doceava xornada da tempada, a Ondarroako XXXIII. Bandera – Cikautxo Sari Nagusia. Ao non se ter competido esta regata dentro do calendario da Eusko Label Liga, non temos ningún rexistro na categoría. O antecedente máis recente en augas de Ondarroa témolo na desputa da onceava xornada da pasada edición da Liga ARC, onde a ‘Antiguako Ama’ venceu na casa con un tempo de 20’05”74, adiantando en máis de dez segundos o segundo clasificado, Getaria.

Voltar