Novas 2017

ESPECIAL

26 Xul 2017

"Paciencia, confianza e forza"

"Paciencia, confianza e forza"

Jesús Fernández, de Tirán Pereira, volta remar tras unha grave lesión que puido telo afastado deste deporte

A vida dun deportista de elite, salvo contadas excepcións, adoita ser curta e chea de obstáculos, e pode selo aínda máis se a mala sorte e as lesións se cruzan no camiño. Este é o caso de Jesús Fernández, remeiro de Tirán Pereira, que tras unha lesión sufrida a pasada tempada na terceira xornada da Eusko Label Liga en Zierbena, viu en perigo a súa vida como remeiro do club galego.

Os médicos diagnostícaronlle unha hernia que o imposibilitaba para a práctica do remo, mais tras un duro traballo de recuperación o cangués puido voltar embarcarse na 'Mar do Con' para axudar a Tirán Pereira a cumprir os seus obxectivos desta tempada.

¡Esta es su historia!

Voltar