Novas 2017

ESPECIAL

25 Xul 2017

Alexánder Lestón ponlle ritmo ao mes de xullo

Alexánder Lestón ponlle ritmo ao mes de xullo

 O remeiro de Cabo, Alexánder Lestón, desvélanos as súas 20 cancións favoritas

Case sen nos decatarmos, esta fin de semana desputaranse as dúas xornadas que marcarán o paso do ecuador da tempada da Eusko Label Liga 2017. O mes de xullo remata e será Alexánder Lestón quen protagonice a Playlist deste mes. Para o muradán esta é a segunda tempada a loitar pola grande Coroa CaixaBank.

Lestón ofrécenos unha Playlist moi variada, con cancións moi distintas entre si. Non faltan grupos nin cancións galegas, como poden ser a En Compostela de Dakidarría ou Radio Cotilla de Heredeiros da Cruz. Ou tamén, cancións como a intro de Dragón Ball Z que nos van marcando dende a infancia. Tamén inclúe cancións máis coñecidas e internacionais; Bohemian Rhapsody de Queen e Final Countdown de Europe.  

Voltar