Novas 2017

ASOCIACION

17 Xu˜ 2017

Última sesión antes do bandeirazo de saída

Última sesión antes do bandeirazo de saída

Os socios introducen novas medidas no regulamento disciplinario e dan luz verde ás negociacións coa AEPSAD
 

A ACT reuniuse este sábado en Asemblea extraordinaria na súa sede de Oiartzun, a falta de dúas semanas para que se lle dea o bandeirazo de saída a unha nova edición da Eusko Label Liga. Neste novo encontro asembleario, un dos puntos relevantes foi o da loita contra a dopaxe. Neste sentido, os socios deron paso a medidas relevantes. Daquela, por unha banda, modificáronse algúns dos puntos do regulamento disciplinario da Asociación.

Entre estas modificacións, desde hoxe contémplase a expulsión temporal -de un a catro anos- da ACT por unha sanción grave. No caso de que un deportista cometa unha infracción das normas antidopaxe o club perderá a media de puntos e premios obtidos nas regatas desputadas por dito club na liga até o momento da comisión da infracción, multiplicada esa media por tres. Ademais, se se dera o caso de que ese club dese un segundo positivo esa mesma tempada, o club sería expulso automaticamente por un período temporal que iría de un a catro anos.

Por outra banda, informouse aos socios das negociacións que se están a levar a cabo coa Axencia Española para a Protección da Saúde no Deporte (AEPSAD) e coas que se pretende que a Axencia reforce e amplíe os controis antidoping na ACT. Este acordo farase efectivo de forma inminente e desta tempada en diante o máximo organismo de referencia nesta materia traballará conxuntamente coa ACT. Unhas medidas que seguen a manter a clara aposta da Asociación por seguir a ser intolerante frente as prácticas ilícitas.

Voltar