ACT TV 2017

ESPECIAL

12 Xu˜ 2017

Unha cea con moito Label

Unha cea con moito Label

Aitzol Elu e Iban Martínez, remeiros de Ondarroa Cikautxo, xunto con “Pana” Atorrasagasti, parrilleiro da Eusko Label Liga protagonizan este engrazado vídeo
 

Todos os asistentes á Gala da Eusko Label Liga, e quen a seguiron en streaming a través da nosa páxina de Facebook, puideron gozar despois da entrega de premios dun divertido vídeo de presentación de la Eusko Label Liga – Coroa CaixaBank 2017.

Nel, Aitzol Elu e Iban Martínez, remeiros de Ondarroa Cikautxo, deciden que o máis novo deles, Aitzol, debía preparar unha cea para os veteráns. O mozo remeiro biscaíno, sen ter nin idea de cociñar, tivo que pedir axuda ao parrilleiro da Eusko Label Liga, “Pana”, para dar feito unha boa cea chea de produtos de primeira calidade. Este vídeo serviu para presentar en sociedade tanto a Eusko Label como a Ondarroa Cikautxo, xa que ambos debutan este ano na máxima categoría do remo, un como patrocinador principal da competición, e o outro na súa condición de recén ascendido.

Ao longo desta curta, puidemos ver a grande variedade e calidade de produtos Eusko Label cos que o remeiro, coa axuda do noso parrilleiro, preparou unha cea saudábel e de categoría, respectando as dietas coas que conviven os remeiros nesta parte final da pretempada.

Voltar