Novas 2017

ESPECIAL

20 Xu˜ 2017

Unha bandeira chea de enerxía

Unha bandeira chea de enerxía

Donostia acollerá o 9 de xullo a primeira edición da Bandeira Giroa Veolia 

O domingo 9 de xullo porase en xogo a primeira edición da Bandeira Giroa Veolia, correspondente á cuarta xornada da loita pola Coroa CaixaBank, nun dos escenarios máis emblemáticos deste deporte. A Baía da Concha voltará ser testemuña un verán máis dunha nova xornada da Eusko Label Liga, no que se está a converter nun dos encontros máis atractivos do calendario.

Deste xeito a compañía Giroa Veolia pasa a facer parte da ampla familia da ACT, ligando así os valores de ambas organizacións. Nada no 1977 en Donostia, Giroa Veolia leva 40 anos a ofrecer a mellor calidade na instalación, monitorización e mantemento de sistemas de calefacción e climatización a miles de usuarios en grande parte do norte da península, especialmente no País Vasco.

Voltar