Novas 2019
ENTREVISTAS
22 Mar 2019
"Santurtzi Iberdrola vai pór as cousas moi difíciles a quen nos queira gañar"
Iker Zabala, adestrador do equipo biscaíno repasa a pretempada dos seus de cara ao seu segundo ano na elite do remo
Xa chegou a primavera á Eusko Label Liga e con ela, os adestradores dos doce equipos que competirán este verán pola Coroa CaixaBank fan balance do inverno e cóntannos as mudanzas que sufriron os seus equipos con respecto á tempada pasada.
Desta vez é a quenda de Iker Zabala. O adestrador de Santurtzi Iberdrola afronta o seu segundo ano co seu equipo na máxima categoría do remo con entusiasmo renovado, consciente de que o seu equipo ten un grande potencial.
Os resultados da pretempada son aval do traballo de inverno dos biscaínos con dúas bandeiras, en Castro e Bilbao. Zabala fixa o obxectivo en mellorar o quinto posto da tempada pasada pero ten claro tamén que os demais equipos non llo van pór nada fácil.