ACT TV 2020
ESPECIAL
27 Ago 2020
Un paseo polas augas de Ares
Alberto Hermo ‘Eclise’ danos as chaves para o regreso da Liga Eusko Label a este campo de regatas
Alá polo 2017, cando CR Ares competiu por primeira vez na súa historia na Liga Eusko Label, a competición inaugurou este campo de regatas da localidade ártabra. Para moitos un lugar descoñecido, onde os remeiros da máxima competición desputaron a X Bandeira Concello de Ares, na que a vitoria final foi para os ‘galipos’ de Zierbena Bahías de Bizkaia.
Neste fin de semana, as augas de Ares voltarán pór en xogo unha nova edición do ‘trapo’ aresán, na que será a segunda edición na máxima categoría do remo. Desta volta contamos coa análise de Alberto Hermo ‘Eclise’, adestrador de CR Ares, que nos contará todo sobre este campo de regatas.