ACT TV

ENTREVISTAS

25 Ago 2019

Orio Babyauto reina na ría

Orio Babyauto reina na ría Orio Babyauto reina na ría

A "San Nikolas" de Orio Babyauto leva a vitoria na XXIX Bandeira Concello de Boiro e suma así a sétima vitoria da tempada

Orio Babyauto afianzou unha grande segunda metade de regata e consegue a vitoria na XXIX Bandeira Concello de Boiro cun tempo de 19’43”80, e unha vantaxe de 8”86 sobre Zierbena Bahías de Bizkaia. Arkaitz Diaz mantén a vantaxe de 5 puntos sobre Borja Gómez na loita polo liderato da Clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón. Con esta vitoria, Orio Babyauto chegará á derradeira fin de semana da Eusko Label Liga con 15 puntos de vantaxe sobre GO fit Hondarribia.

Orio Babyauto rachou a regata no terceiro longo da quenda de honra cun tempo de 19’43”80, e unha vantaxe de 8”86 sobre Zierbena Bahías de Bizkaia que foi segunda hoxe. GO fit Hondarribia conseguiu a cuarta posición cun crono de 19’58”10 e Santurtzi Iberdrola foi quinta con 20’00”38.

Urdaibai Avia leva de Boiro a vitoria da súa quenda e a terceira posición final cun rexistro de 19’57”46. Pola súa banda, Donostiarra foi sexta con 20’08”28. Cabo logrou frente á súa afección a oitava praza na regata con 20’15”58 e Ondarroa Cikautxo pechou a quenda, ao lograren a novena posición a 36”28 da ‘San Nikolas’.

Astillero Repsol Electricidad y Gas perde a categoría

Os cántabros de Astillero Repsol Electricidad y Gas certifican logo da regata de hoxe o descenso da ACT ao remataren hoxe na décima posición cun tempo de 20’24”02. San Pedro foi décimo primeiro e logra así o billete para xogar a categoría no playoff do vindeiro 14 e 15 de setembro. Estes dous equipos non puideron superar o tempo de Kaiku que foi sétimo cun crono de 20’145”60. Lekittarra Elecnor pecha a clasificación de hoxe a 1’00”70 de Orio Babyauto.

Paro antes do playoff final

A Eusko Label Liga terá un pequeno descanso os vindeiros dous fins de semana pola desputa da Bandeira da Concha mais voltará no vindeiros 14 e 15 de setembro, con dúas novas bandeiras en xogo, a Bermeo Hiriko XXXVII. Bandera - Avia Sari Nagusia e a XLIX GP - XLV Bandera El Corte Inglés.

 

Voltar