Novas 2018

ESPECIAL

02 Mai 2018

O playoff, á procura dos seus candidatos

O playoff, á procura dos seus candidatos

13 clubs da ARC e LGT solicitaron preinscripción para o playoff de ascenso á Eusko Label Liga que se desputará en Bermeo e Portugalete

A conta atrás comezou! Faltan menos de dous meses para que a Eusko Label Liga 2018 arrie estachas en augas de Bilbao o vindeiro 23 e 24 de xuño coa súa IX Bandeira de Bilbao. A partir desta xornada veremos os mellores clubs do Cantábrico e Atlántico loitaren ao longo do verán por se facer coa prezada Coroa CaixaBank.

Con respecto á Liga ARC e LGT, 13 clubs presentaron a súa preinscripción para poderen optar a un dos catro pases do playoff (dous por cada competición) que permitirían remar, en caso de que fose cursado o convite por parte da ACT, contra o penúltimo clasificado da Eusko Label Liga nas dúas xornadas do playoff. O agardado playoff celébrase os días 15 e 16 de setembro en Bermeo e en Portugalete, coincidindo coa entrega da Coroa CaixaBank aos novos reis da Eusko Label Liga 2018.

Daquela, 13 son os clubs inscritos para participaren nesta dobre xornada de playoff de ascenso, por parte da ARC están S.D. Remo Astillero, Sociedad Deportiva de Remo Pedreña, Deustuko Arraun Taldea, Getariako Arraun Elkartea, Isuntza Arraun Elkartea, Larrun Kosta Arraunketa Kluba, Zarautz Arraun Elkartea e Zumaiko Telmo Deun Arraun Kirol Elkartea. Mentres que da LGT participan o Club de Remo Ares, Club de Remo Mecos – Mondariz, Club Deportivo S.D. Samertolameu, Club Deportivo Centro Deportivo Mariñeiro de Mera e Club de Remo Puebla.

Voltar