ACT TV

ENTREVISTAS

11 Abr 2019

"O obxectivo é ter capacidade para desputarmos todo"

"O obxectivo é ter capacidade para desputarmos todo"

Juan Zunzunegui, adestrador de Zierbena Bahías de Bizkaia, achéganos a súa visión sobre a nova tempada da Eusko Label Liga

Logo do bo traballo de Zierbena Bahías de Bizkaia na Eusko Label Liga estes últimos anos, podemos considerar xa o equipo “galipo” como un dos galos da competición. Ás portas da súa sexta tempada consecutiva na máxima categoría do remo, o grupo liderado por Juan Zunzunegui gañou esta condición ao se ter situado como un equipo fixo na quenda de honra da liga.

As dúa bandeiras colleitadas nas pasadas dúas tempadas, conseguidas en Ares (2017) e Ondarroa (2018), sitúan aos de Zunzunegui como claros candidatos a loitaren polas vitorias en cada regata da Eusko Label Liga 2019.

O preparador vigués é prudente co lugar que ocuparán os seus este verán, xa que “cada vez hai máis equipos apertando arriba”, pero no comezo do que será a súa sexta tempada ao mando dos “galipo”, este adestrador coñece á perfección o seu plantel e a Liga Eusko Label Liga na que participa, polo que ten claras as cousas polas que pode loitar este ano Zierbena Bahías de Bizkaia.                                                        

O obxectivo de Zunzunegui é que o seu equipo teña “capacidade para desputalo todo”. E é que non hai apenas un obxectivo principal para o seu plantel, que sairá a desputar pola vitoria sexa cal for a regata.

Voltar