Novas

ESPECIAL

28 Out 2019

Novo ciclo en Urdaibai Avia

Novo ciclo en Urdaibai Avia

O equipo ‘txo’ confirma as altas e as baixas para a nova tempada de remo

Logo dun ano no que se afastaron considerabelmente da senda da vitoria e dos obxectivos marcados no comezo do 2019, Urdaibai Avia embarca nunha nova pretempada con varias caras novas e baixas de remeiros veteranos, na que encetarán un novo ciclo deportivo baixo as ordes de Jon Elortegi.

Lur Uribarren, Carlos Palazuelos, Sebastián Acervi, Oscar Viúdez e Mikel Ojeda son baixas no equipo ‘txo’, mentres que no apartado de altas atopamos, canda a incorporación do novo técnico, a Iker Gimeno, Asier Bermejo, Igor Francés, Gorka Arostegi, Unai Billakorta e Imanol Etxebarria.

Voltar