Novas 2018

ESPECIAL

19 Xu˜ 2018

Lucha de patrones

Lucha de patrones

Comeza a Eusko Label Liga e con ela ponse en xogo o Trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón

A Eusko Label Liga 2018 está a piques de dar o bandeirazo de saída, o que significa que o Trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón tamén se porá en xogo. O obxectivo deste galardón é premiar o mellor patrón da liga, o que máis destreza demostre durante as 19 xornadas. Para poder avaliar os patróns dos 12 clubs seguiranse unha serie de criterios, igual que se ten feito nos anos anteriores. Para isto, mediante os datos emitidos polo GPS, repartiranse tres, dous e un punto en cada proba. O patrón que estea a liderar o ranking vestirá en cada regata o novo maillote branco e gris de CaixaBank, deseñado por Kibor, patrocinador desta Eusko Label Liga.

Para avaliar o mellor patrón seguirase a fórmula empregada nas anteriores tempadas. Os Xuízes realizarán un seguemento exhaustivo da regata e o Comité Técnico, pola súa banda, administrará toda a información que proporcionou o GPS. Esta é unha información moi completa xa que emite datos dos metros que realizou a traiñeira durante a regata, tempo que tarda a traiñeira en realizar as tres ceavogas (de 50 metros antes a 50 metros despois da baliza), e o factor relativo do traballo resultante do patrón (comparando tempo/velocidade do percorrido e tempo/velocidade en coller as ceavogas). Unha vez analizados estes datos, os tres puntos serán para o patrón que realizase esta serie de parámetros coa maior destreza, os dous puntos irán para o segundo mellor e un para o terceiro.

Todo apunta a que o vencedor da pasada campaña, Ioseba Amunarriz, tentará revalidar o seu título do Mellor Patrón, pero isto non vai ser doado e calquera cousa pode acontecer nesta liga cargada de adrenalina.

Voltar