ACT TV

ENTREVISTAS

09 Abr 2019

Experiencia e ilusión perante este novo reto

Experiencia e ilusión perante este novo reto

Lourdes García é dende a pasada Asemblea de Bermeo a nova responsábel do Comité Técnico da Asociación

Na pasada Asemblea dos clubs da ACT en Bermeo falouse de moitos temas ligados coa nova tempada da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren que están a punto de chegar. Unha das novidades foi o nomeamento de Lourdes García como nova responsábel do Comité Técnico da ACT.

Remeira, adestradora, árbitro, psicóloga... son moitas as facetas nas que Lourdes estivo en contacto con este deporte, á que desde hai ben pouco se lle engade esta nova etapa de responsábel do Comité Técnico da ACT.

Esta biscaína de 40 anos ten unha longa experiencia na arbitraxe deportiva e unha relación moi estreita coa practica do remo. Lourdes afronta este novo reto con ilusión e moita vontade de aportar a súa grande experiencia a unhas competicións de tanto nivel como son a Eusko Label Liga e a Liga Euskotren.

Voltar