Novas

ESPECIAL

05 Set 2019

Carlos Rodríguez seguirá á frente de Kaiku

Carlos Rodríguez seguirá á frente de Kaiku

O técnico cántabro continuará na vindeira tempada como adestrador da Bizkaitarra
 

Carlos Rodríguez fíxose cargo de Kaiku na pasada tempada e é certo que as cousas lles foron ben, xa que a Bizkaitarra rematou na novena praza na Eusko Label Liga, cumprindo así o seu grande obxectivo que era estaren a competir o vindeiro ano na máxima categoría do remo. Ademais, o xoves pasado os de Sestao bordaron a tempada ao clasificárense para a Bandeira da Concha.

Rodríguez, de 46 anos, seguirá na vindeira tempada como adestrador de Kaiku logo de ter renovado o seu contrato por un ano máis co club sestaoarra.

Carlos Rodríguez ten un longo historial, xa que pasou por moitos clubs durante a súa carreira. Rodríguez comezou no Club de Remo La Maruca no 1986 e posteriormente remou no Ciudad de Santander (1988-2005), Pedreña (2006, 2009-2010, 2016-2017),  Urdaibai Avia (2007-2008) e en Kaiku, do 2011 ao 2015 e tamén no ano pasado. O adestrador da Bizkaitarra, entre outros éxitos, logrou cinco Ligas Eusko Label e unha Bandeira da Concha. E como técnico, antes da súa chegada a Kaiku, o cántabro foi adestrador do Ciudad de Santander (2002-2004) e de Pedreña (2016-2017).

Voltar