Novas 2017

ASOCIACION

27 Abr 2017

CaixaBank navega con rumbo fixo canda a ACT

CaixaBank navega con rumbo fixo canda a ACT

A entidade financeira renova o seu acordo coa ACT e suma xa o seu quinto ano consecutivo como base principal da Asociación

A dupla CaixaBank e ACT cumplirá esta tempada o seu quinto aniversario de unión. Do ano 2013 en diante, a entidade financeira acompaña a máxima competición do remo nunha navegación que a leva a ser parte fundamental cada verán dun dos grandes espectáculos deportivos na Cornixa Cantábrica e Atlántica.

Como vén sendo habitual, CaixaBank seguirá a dar nome ao máximo galardón da Eusko Label Liga, a Coroa CaixaBank, que dende este pasado verán se atopa en propiedade de Urdaibai Avia, tras ter conseguido a vitoria en cinco ocasións. Deste xeito, os da ‘Bou Bizkaia’ uníronse a Kaiku Producha, único club até o pasado verán en ter a Coroa CaixaBank en propiedade ao imporse de maneira consecutiva en 2011, 2012 e 2013. Ademais, CaixaBank tamén premiará o mellor patrón co xa característico maillote branco. Unha zamarra que descansa na popa de San Juan Sumelec, concretamente en Endika Pérez e Unai Oliden. A estrela de CaixaBank, cómpre sinalar, tamén voltará estar presente na pel da mellor embarcación da Liga Euskotren.

E por suposto, este ano voltará porse en xogo a Bandeira CaixaBank, sendo xa a quinta edición, que neste verán voltará desembarcar en augas cántabras. Concretamente, o vindeiro 22 de xullo, Santander, tras varios anos de ausencia, recibirá a máxima competición de traiñeiras onde os doce equipos da Eusko Label Liga loitarán por esta bandeira que conquistou na tempada pasada a ‘Ama Guadalupekoa’.

Satisfacción por ambas partes

Juan Pedro Badiola, Director Territorial de CaixaBank no País Vasco e Cantabria, e Borja Rodrigo, Presidente da ACT, foron os encargados de asinaren este novo acordo polo cal a entidade financeira seguirá a ser patrocinador principal da Asociación. Borja Rodrigo sinalou que a renovación deste acordo “permite á Asociación seguir planificando e desenvolvendo a competición como até a data”. Pola súa banda, Juan Pedro Badiola mostrouse satisfeito por seguir “unido á ACT dando nome tanto á Coroa CaixaBank como ao premio ao mellor patrón”. 

Voltar