Novas 2018

ESPECIAL

27 Feb 2018

Aritz Rial ponlle o ritmo a febreiro

Aritz Rial ponlle o ritmo a febreiro

O remeiro da ‘Erreka’ trae unha selección cargada de ritmos latinos cos artistas máis salientábeis deste xénero

Derradeiros instantes do mes de febreiro e despedímolo coa playlist que nos preparou Aritz Rial, remeiro de San Juan Sumelec. Unha selección que vén cargada de reggaetón con referentes da escena latina como Daddy Yankee, Jacob Forever ou J. Balbin. Como novidade, Rial amplía a súa listaxe até os 26 temas, xa que concentrar a súa selección en 20 temas era un reto e non puido resistir a tentación de levala até os 26 ‘hits’. Outros artistas salientábeis como Juan Magan, Maluma, Ozuna, Nicky Jam ou Luis Fonsi non faltan nesta listaxe que sen dúbida nos leva de volta ao calor do verán. 

Voltar