Novas 2013

COMPETICION

21 Ago 2013

A RIA DE PORTUGALETE DEVOLVE A TENSIÓN A UNHA LIGA SAN MIGUEL CON MOITAS COUSAS POR DECIDIR

A RIA DE PORTUGALETE DEVOLVE A TENSIÓN A UNHA LIGA SAN MIGUEL CON MOITAS COUSAS POR DECIDIR

Kaiku Ambilamp está perto de conquistar a Liga, pero as correntes e os carreiros fan imposíbel calquera prognóstico

Oitavo fin de semana á vista na Liga San Miguel. Portugalete e a famosa ría de Bilbao darán un toque de tensión a unha competición na que Kaiku Ambilamp pode dar o golpe definitivo para levaren para si a Liga e a Coroa La Caixa. Este mediodía celebrouse a presentación da regata XXXII BANDEIRA DA NOBRE VILA DE PORTUGALETE no Concello da vila, e a ela asistiron o Concelleiro de Deportes, Sr. Angel Anero, e o presidente de club de remo San Nicolas, Sr. Javier González.

 

A do sábado é xa a 32ª edición da localidade biscaína, unha das máis veteranas da Liga, e coma en case todas as edicións, Portugalete pode dictar sentenza. Kaiku Ambilamp reina na clasificación con unha vantaxe confortábel, 8 puntos a Orio Babyauto e 9 a Urdaibai Umpro Avia, pero xa comprobou na regata de Pasai San Pedro que non pode relaxarse ou errar en exceso, porque os seus adversarios están fortes. A ría de Bilbao é caprichosa, e as correntes e as mareas influen decisivamente nos carreiros polos que reman as traíñas. Portugalete é un lugar onde as sorpresas son factíbeis, e pode acontecer calquera cousa.

 

Pola parte baixa da clasificación, a situación perece clara. Pedreña ten ben amarrado o 10º posto da salvación, e Zumaia parece que afastou definitivamente a Castreña na loita polo 11º posto que levará ao play-off, pero os cántabros aférranse á complicada ría para seguir soñando. A regata comezará ás 18h00 do sábado 24 de agosto, e repartiranse 22.500 euros en premios. A orde das tres quendas estabelecerase en base á clasificación xeral da Liga San Miguel.

Voltar