Novas

ESPECIAL

18 Set 2019

A nosa guía no mar

A nosa guía no mar

Zunibal proporciona á ACT e á televisión datos en directo sobre o estado do mar e a altura das ondas

Cando unha traiñeira sae a mar aberto adoita ser complicado guiarse e saber cal é a dirección adecuada até chegar ás balizas exteriores. Toda axuda é benvida para os patróns dos equipos da Eusko Label Liga e Zunibal, através da súa boia Anteia, transmite en tempo real a situación do mar e a altura das ondas.

A boia Anteia da empresa biscaína colócase en todas as regatas e para alén de ofrecer datos aos clubs participantes nas regatas, proporciona datos á realización da televisión para que os espectadores tamén poidan ter acceso a esta información dende os sofás das súas casas.

Voltar