Novas

ESPECIAL

25 Xul 2018

A Eusko Label Liga, por primeira vez en Santurtzi

A Eusko Label Liga, por primeira vez en Santurtzi

Presentadas a XXXIX Santurtziko Ikurriña e a VII. Bandera Euskotren

Eusko Label Liga chega domingo por primeira vez a augas de Santurtzi. A Santurtziko XXXIX Ikurriña e a VII Bandeira Euskotren desembarcan este ano na máxima competición do remo, organizadas pola ACT e por Santurtzi Iberdrola, que este ano se estrea na Eusko Label Liga.

Trátase dunha regata na que as embarcacións da Eusko Label Liga formarán ao xeito clásico: en liña, divididas en tres quendas e cuxa orde de saída virá determinada pola regata do sábado en Getxo. 

Malia estreárense este ano na Eusko Label Liga, a Santurtziko Ikurriña é a bandeira máis veterana en xogo das que compoñen o calendario da tempada, datando a súa primeira edición de 1927, na que se impuxo o club local Sparta. Logo de se desputar de novo o ano seguinte con idéntico resultado, a Santurtziko Ikurriña desapareceu do calendario até 1981, e dende entón até hoxe celebrouse todos estes anos de manera consecutiva. O récord do campo de regatas osténtao Orio Babyauto con un tempo de 19'31"57, marca do ano 2000.

Na presentación que tivo lugar esta mañá na Confraría de Pescadores de Santurtzi estiveron presentes: Juan Carlos Álvarez, presidente de Santurtzi Iberdrola e Aintzane UrkijoAlcaldesa de Santurtzi

Consulta o dossier da regata

Voltar