Novas 2024

ASOCIACION

22 Mar 2024

A Coruña voltará ser a baliza de saída para a Liga Eusko Label e Liga Euskotren

A Coruña voltará ser a baliza de saída para a Liga Eusko Label e Liga Euskotren

Tras a aprobación do calendario e o orzamento da tempada 2024, comeza a conta atrás.

A ACT reuniuse esta mañá no Arrantzaleen Museoa de Bermeo para desenvolver a súa terceira Asemblea ordinaria de 2024. Neste encontro, os puntos máis salientábeis foron a aprobación tanto do orzamento como do calendario de competición de 2024 das dos Ligas organizadas pola Asociación.

Tras a aprobación do orzamento económico da nova tempada que habilita a confección das competicións, seguidamente procedeuse a aprobar o calendario deportivo da tempada 2024.

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren darán comezo a última fin de semana de xuño en augas galegas, garantíndose deste xeito, máis unha tempada, os 4 encontros en territorio galego.

Desta vez, haberá un único encontro na Coruña, o 29 de xuño. A segunda xornada desa fin de semana desputarase en Bueu, onde, aínda que xa se desputaron regatas da ACT, a traiñeira local competirá por primeira vez como participante da máxima categoría. O 20 e 21 de xullo Galiza voltará acoller dúas xornadas grazas ao acordo subscrito coa Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa. Así, o 20 de xullo a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren remarán en augas de Ribeira e o domingo en Cabo Da Cruz, Boiro.

Cómpre salientar que tanto en Pasaia como en Ribeira se recuperan dous campos en formato de 6 longos e 5 ceavogas na regata masculina e 3 longos e 2 ceavogas no caso da regata feminina.

Cantabria tamén manterá a súa presenza e contará con unha xornada das dúas competicións da ACT: a Bandeira CaixaBank, que será desputada en Castro Urdiales.

Outra das novidades do calendario de 2024 preséntase na Liga Euskotren que conta con dúas xornadas máis. Desputándose así 16 regatas puntuábeis máis 2 xornadas do Play Off por primeira vez na historia da competición feminina. Zarautz voltará pór o punto final da Liga Euskotren e o Play Off desputarase na terceira fin de semana de setembro en Bermeo e Portugalete.

Ano olímpico e mudanzas na normativa da competición

Como xa se adiantou no seu momento, cada catro anos, coincidindo co ano olímpico, a normativa de competición da ACT fica aberta para a súa revisión a través das propostas presentadas polos socios segundo o procedemento estabelecido para tal fin. Os clubs asociados aproveitaron o encontro para debater varias propostas entre as que destaca a aprobación sobre a mudanza na normativa de competición relacionada coa composición das tripulacións.

Até agora e durante a tempada 2024, as aliñacións debían cumprir como mínimo con unha destas tres condicións: 7 remeiros propios dos cales 3 teñen que ser canteiráns; 6 remeiros propios dos cales 4 teñen que ser canteráns; ou 5 remeiros propios tendo que ser os 5 canteiráns.

Tras a aprobación da proposta de modificación presentada sobre esta norma relativa aos canteiráns, a partir do 2025 as aliñacións deberán cumprir con algún dos seguintes requisitos: 7 remeiros propios dos cales 4 deberán ser canteiráns ou 6 remeiros propios dos cales 5 sexan canteiráns. E en 2026 os cupos crecerán até os 5 canteiráns se se aliñan 7 remeiros propios e 6 canteiráns se os remeiros propios que se aliñan son 6.

Voltar