ACT TV 2024

10 Xan 2024

A ACT doa equipamento deportivo para a organización Team Dream Savers de Kenia

A ACT doa equipamento deportivo para a organización Team Dream Savers de Kenia

No pasado mes de decembro de 2023, Lynda Casina, directora da escola de hotelaría Kibondeni College de Nairobi (Kenia) pasou uns días en Gipuzkoa para agradecer a patrocinadores e clubs de remo a súa colaboración no Hondarribi Nairobi Challenge que a ONG Afrika Elkarrekin Bai Harambee (AEBH) organizou en 2021 para xuntar fondos para bolsas de estudos para alumnas da escola.

Aproveitando a viaxe, da ACT realizamos unha doazón de equipamento deportivo de remo que por medio de AEBH, Lynda Casina levou para Kenia e fixo chegar a Josphine Nyamu da organización, Team Dream Savers.

Esta organización persegue axudar a crianzas e mocidade desfavorecida a sairen do círculo da pobreza a través do deporte do remo e do piragüismo. No 2021 colaboraron no Challenge de AEBH cun bo número de quilómetros. Aquí deixamos un vídeo explicativo con imaxes da entrega do material e o agradecemento de Josphine e as súas crianzas.

Voltar