Antidopaxe

Benvidos á sección do sitio web da Asociación de Clubes de Traíñas -ACT adicado á área antidopaxe. Dende a súa mesma creación, a ACT, consciente da importancia que para toda a organización deportiva ten a loita contra a dopaxe, vén traballando no ámbito das súas competicións con rigor e contundencia na prevención, control e represión de calquera práctica de dopaxe.

Pór a disposición das persoas e entidades que integran a ACT a información sobre aspectos relacionados coa loita contra a dopaxe ben pode ser considerado como un elemento máis de prevención. Deste xeito, neste apartado poderás acceder e atopar toda a información e documentación ligada con aspectos da área antidopaxe da ACT e das súas competicións. Poderás acceder e descargar de xeito sinxelo as normativas que resultan de aplicación; os formularios de localización ou de solicitude de autorizacións para uso terapéutico; preguntas e respostas frecuentes que resultarán útiles para os deportistas, clubes e médicos; etcétera.

Agardamos que a presentación e contidos deste apartado sexan da utilidade dos seus destinatarios.

[AVISO] Os documentos ou informacións facilitadas no presente apartado da web non teñen máis obxecto que informar aos posibles interesados, sen que o material que apareza publicado sexa sustitutivo do que efectivamente puidese resultar vixente ou de aplicación en cada momento.