ARES

Historia

Patrocinadores do club
  • Concello de Ares
  • Nor Inver
  • Río Natura
  • Cabreiroá
  • Abanca
  • Galicia Saudable
  • Deporte Galego

O Club de Remo Ares foi fundado o 9 de Decembro de 1958 por Francisco Saavedra “Pancho”,recollendo así a gran afición que había polo remo na vila de Ares. Conta a historia local que a primeira referencia que se posee da celebración dunha competición de remo en Ares datan do ano 1933 e se ten constancia da celebración no ano 1940 dunha regata de traíñas en honor a Virxen do Carmen,o que da unha idea da tradición do remo por estes lares.

Os distintos grupos directivos que levaron o rumbo do clube foron conseguindo co esforzo e tesón as metas que se iban propoñendo,tanto no aspecto social como deportivo. Así no aspecto deportivo nas nosas vitrinas descansan varios Campeonatos de España, Campeonatos Galegos, así como bandeiras de traíñas e bateis (Deputación Provincial da Coruña, Villa de Gijón, Intercelticos...)e diplomas. No ano 1981 se nos otorgou o Diploma da Delegación Provincial do Consello Superior de Deportes como o Clube que máis destacou na práctica do Remo. Recoñecemento que a Deputación volveullo a recoñecer no ano 1988.

Sen dubida algunha o ano 1992 esta marcado no ámbito deportivo pola celebración das Olimpíadas de Barcelona.O Club de Remo Ares ten o orgullo de haber participado nun evento de tal magnitude por mediación do seu remeiro Horacio Allegue,que formou parte do equipo olímpico do oito con timonel. 

O Club de Remo Ares compite en todas as modalidades do Remo Nacional (Banco Fixo e Banco Móbil) desenrolando as súas competicións tanto na xeografía Galega como no Estado Español. 

Dentro do aspecto social, haberá que destacar por encima de todo a construcción do local social e instalacións deportivas que foron inaguradas o 10 de Septembro de1983. Para elo se conseguiu unha parcela de, propiedade municipal,a cal en un contrato suscrito entre o ente 1360m2 Municipal e o Club e arrendada ao mesmo por un período de 50 anos para o uso e disfrute do remo. 

A construción que nos atañe nestos momento esta dividida en sala de xuntas,dous vestiarios, ximnasio, servicios-aseos e embarcadero de botes.
Para terminar so dicir que no Club de Remo Ares,se atopa unha directiva que traballa cos seus acertos e seus erros. Un Club responsable e serio, onde creemos e defendemos o Deporte xa non so como competición si non como formación dos nosos remeiros como persoas hacia a vida en xeral.