Tirán Pereira

Historia

Patrocinadores do club
  • Pereira
  • Deputación Pontevedra
  • Concello de Moaña
  • Abanca
  • San Joaquín
  • Opirata.com
  • Galicia Saudable
  • Deporte Galego

Omáximo esplendor do remo en Galiza chega na década dos sesenta, coa conquista de dous Campionatos de España acadados baixo o nome de Educación e Descanso de Moaña, primeiro con unha tripulación de Meira no 1960 e outra de Tirán no 1961. É a partir de 1979 cando o remo volve a través da fundación de clubs como o C.R. San Xoán de Tirán, Nosa Sra. Dos Remedios de Tirán, e outros moitos en toda Galiza abrindo con unha nova etapa chea de éxitos no remo galego. Foi por volta do 1993 cando ambos clubs da parroquia de Tirán deciden fusionarse nacendo o que agora é a SD Tirán. Froito de aquel traballo por parte de todo o equipo de integrantes desta entidade chegan os resultados, mellorando as previsións máis optimistas e tres anos despois do seu nacemento a SD Tirán perfílase como un dos grandes do momento.

Isto traduciuse en que, despois do seu paso nas dúas primeiras edicións da ACT, pasou a se converter nun dos habituais da Liga San Miguel na que leva vogando ininterrumpidamente dende 2008. Ademais, logrando catro bandeiras en Orio (2011), Castro (2012) e en Portugalete e Moaña (2013). En outros encontros, salientar que os de Moaña se clasificaron nos últimos anos con solvencia para a Bandeira da Concha e tamén acumularon varias vitorias do campionato autonómico.

A tripulación de Tirán no ano 2015 logrou repetir o mesmo resultado na clasificación xeral respecto da tempada pasada, porén mellorou en puntuación. Por segundo ano consecutivo os galegos foron integrantes da segunda quenda, unha quenda moi desputada na que o mellor posto que obtiveron nunha regata foi a 3º posición.

Tras pasaren toda a tempada 2016 pugnando na dura loita que se mantivo na segunda quenda, Tirán rematou en sexta posición, logrando entre outros, un terceiro posto na regata desputada en Moaña frente á súa afección.

O 2017 foi un ano de contrastes para este club, que rematou a tempada na sétima posición. A súa mellor regata foi a XVI Bandeira Concello de Sestao, onde tiveron practicamente a vitoria nas mans. Finalmente acabaron na 2º  posición, sendo este o mellor resultado da súa tempada.