Novas 2023

DISCIPLINA

02 Nov 2023

Laudo arbitral

Laudo arbitral

Con data de onte, 1 de novembro de 2023, o Árbitro Único da Asociación de Clubs de Traiñeiras (ACT) resolveu ESTIMAR PARCIALMENTE o recurso que foi no seu día presentado polos remeiros Srs. Cristian Garma e Alberto Landa, do Club Itsasoko Ama, contra a resolución ditada polo Xuíz de Disciplina da ACT en data 8 de agosto de 2023, no expediente disciplinario nº 5/2023, que se tramitou como Arbitraxe nº 2/2023, acordando o seguinte:

 

a) MANTER A SANCIÓN DE MULTA por importe de MIL UN (1.001 €) Euros, que foi imposta polo Xuíz Único de Disciplina da ACT ao Sr. Cristian Garma, por considerar que é axustada á normativa vixente.

 

b) MODIFICAR A SANCIÓN imposta ao Sr. Alberto Landa, ao se considerar que a súa actitude infractora limitouse ao feito de crear unha situación de tensión contra o Sr. Garma ao proferir algún tipo de comentario desafortunado ou subido de ton, e principalmente por terse defendido da agresión do Sr. Garma cun intento de agresión, non constituíndo, polo tanto, unha infracción moi grave, nin grave, das previstas no artigo 14 a), senón unha infracción leve das previstas no artigo 15 letra c) que corresponde con "Realizar accións ou omisións claramente contrarias ás normas deportivas ou asociativas que no estean incursas na calificación de moi graves ou graves" Dito o cal e dadas as circunstancias atenuantes que xa foron tomadas en consideración por parte do Xuíz Único de Disciplina e, ademais, a plena actitude colaborativa durante o procedemento arbitral o Árbitro entende que, dacordo co previsto no artigo 18 do Regulamento Disciplinario correspóndelle ao Sr. Alberto Landala sanción prevista no apartado 4 de APERCEBIMENTO de acordo co previsto no artigo 18-4.

Voltar