ACT TV 2023

ESPECIAL

17 Set 2023

San Pedro e Bueu completan a Liga Eusko Label

San Pedro e Bueu completan a Liga Eusko Label San Pedro e Bueu completan a Liga Eusko Label

Os guipuscoanos gañaron as dúas xornadas e os do Morrazo, pola súa banda, conseguiron a clasificación grazas á renda obtida na primeira xornada.

San Pedro e Bueu celebran o seu pase á Liga Eusko Label en Portugalete. Os guipuscoanos foron os mellores tras gañaren as dúas xornadas. Bueu, pola súa banda, conseguiu o billete tras ser segundo na primeira xornada e conseguiren 4 segundos de vantaxe sobre Lapurdi, xa que na segunda xornada rematou na 4ª posición, mentres que os lapurtarras foron segundos.

Na regata de Portugalete, a Itsasoko Ama Santurtzi rematou na terceira posición, porén, por acabaren na última posición onte, os biscaínos non deron mantido a categoría.
Sendo a última embarcación na segunda xornada, Ares, campión da Liga Galega, remata o playoff na derradeira posición.

Con 10 puntos en total, Sanpedrotarra retorna á Liga Eusko Label catro tempadas despois. Bueu e Lapurdi sumaron ambos 6 puntos, pero os galegos grazas ao seu tempo de 40:20 conseguiron o segundo posto na clasificación xeral. Lapurdi pola súa banda, rematou os play offs cun tempo de 40:23. Itasoko Ama Santurtzi non puido superar o play off, e perde a categoría.

 

Voltar