ACT TV 2023

ESPECIAL

27 Ago 2023

Gorka Aranberri, Mellor Patrón CaixaBank

Gorka Aranberri, Mellor Patrón CaixaBank Gorka Aranberri, Mellor Patrón CaixaBank

O patrón de Bermeo Urdaibai gaña o premio ao Mellor Patrón CaixaBank con 138 puntos. 

Tras a última fin de semana de agosto, a Liga Eusko Label fica apenas cos primeiros oito clasificados. Por isto, e para que todos os patróns teñan as mesmas posibilidades, as puntuacións da clasificación ao Mellor Patrón CaixaBank tamén concluiron neste domingo. Gorka Aranberri, que contaba cunha ampla vantaxe, foi finalmente o gañador do premio desta tempada. 
 
Malia que o patrón de Bermeo Urdaibai leva moitos anos na competición, é a primeira vez que gaña este premio, e por iso se amosa "moi contento". Tamén, afirma que "aínda que o premio é a título persoal, é un premio de todo o equipo, e por iso, o premio será para todo o equipo. Aínda non sabemos se unha cea ou repartir, pero teño claro que será un momento para gozar", afirma o zarauztarra. 

Voltar