ACT TV 2023

ESPECIAL

23 Xul 2023

Urdaibai exhíbese na Bandeira CaixaBank

Urdaibai exhíbese na Bandeira CaixaBank Urdaibai exhíbese na Bandeira CaixaBank

Coa vitoria na Bandeira CaixaBank os biscaínos asinan o seu primeiro dobre triunfo da tempada.

Bermeo Urdaibai redondea a fin de semana coa segunda vitoria hoxe en Castro-Urdiales. Igual que na xornada de onte, o inicio da terceira quenda foi igualado, e pouco a pouco os biscaínos foron ampliando a súa marxe até racharen a regata no terceiro longo.

A tripulación da Bou Bizkaia marcou un tempo de 19:46, Hondarribia foi a segunda na meta, chegando 8 segundos máis tarde e Zierbena finalizou o traballo sendo terceira a 14 segundos. O cuarto posto foi para Orio, o mellor da segunda quenda, a 17 segundos dos gañadores.

Bermeo quebrou o empate de puntos que lideraba a clasificación e agora conta con 76 puntos. Hondarribia, pola súa banda, suma 75. Zierbena segue terceira con 72 puntos e a Donostiarra é cuarta con 56 puntos. 

Voltar