ACT TV 2023

ESPECIAL

21 Xul 2023

A Liga Eusko Label competirá en Sestao e Castro Urdiales

A Liga Eusko Label competirá en Sestao e Castro Urdiales A Liga Eusko Label competirá en Sestao e Castro Urdiales

As dúas bandeiras que se porán en xogo esta fin de semana serán a XXII Bandeira Concello de Sestao e a XI Bandeira CaixaBank

Unha fin de semana diferente até agora, xa que a Liga Eusko Label vogará en solitario tanto no sábado como no domingo. Ao igual que na fin de semana anterior, os deportistas deberán completar dous percorridos moi diferentes, unha regata na ría en Sestao e outra en mar aberto en Castro Urdiales, a Bandeira CaixaBank. 
 
O sábado, desputarase a XXII. Bandeira Concello de Sestao. Centenario Kaiku, un encontro habitual no calendario da Liga Eusko Label, cun campo de regatas na ría baixo a Ponte Colgante. Nas dúas últimas edicións desputadas na Liga Eusko Label (2022 e 2020), Hondarribia foi a traiñeira máis rápida, polo que este sábado será a traiñeira a bater polos equipos.  
 
O domingo, a regata desputarase en mar aberto, concretamente será a vez da única xornada que se despute en augas cántabras. Castro-Urdiales albergará a XI Bandeira CaixaBank, completando as quendas segundo os tempos da regata da véspera. Na Bandeira CaixaBank, igual que en Sestao, os fronteirizos gañaron nas dúas últimas edicións (2022 e 2021), polo que o líder da competición será o rival a bater nas dúas xornadas desta fin de semana.
 
FAN ZONE
Esta fin de semana, en ambas as dúas xornadas, os afeccionados e afeccionadas da Liga Eusko Label poderán gozar do seu espazo na regata. E é que por segunda tempada consecutiva, a FAN ZONE estará presente en todas as regatas da tempada. O sábado o espazo reservado para os afeccionados estará ubicado na rúa Manuel Calvo de Portugalete, mentres que no domingo ubicarase perto do peirao de Don Luis, a carón do campo de regatas. 

Voltar