Novas 2023

COMPETICION

20 Xul 2023

Sestao celebra o seu centenario

Sestao celebra o seu centenario Sestao celebra o seu centenario

O sábado desputarase a XXII Bandeira Concello de Sestao. Centenario Kaiku

Este sábado a ría de Sestao acollerá a celebración do Aniversario de Kaiku coa desputa da XXII Bandeira Concello de Sestao. Centenario Kaiku.
Tal como se presentou esta mañá no Concello de Sestao, será unha xornada únicamente da Liga Eusko Label, sendo xornada de descanso da Liga Euskotren. 
 
As catro últimas clasificadas serán as primeiras catro traiñeiras a vogaren, e comezarán o seu traballo a partir das 18:15 horas. Concretamente serán Samertolameu Fandicosta, Itsasoko Ama Santurtzi, Ondarroa Cikautxo e Kaiku Berez Galanta. 
 
Ás 18:44 horas serán as catro traiñeiras da metade da táboa quen comezarán a cruzar o campo de regatas, Lekittarra Elecnor, CR Cabo da Cruz, Orio Orialki e Getaria. As catro mellores traiñeiras da competición, Donostiarra Amenabar, Zierbena Bahías de Bizkaia, Bermeo Urdaibai e Hondarribia comezarán ás 19:13 horas, á procura da sétima bandeira da tempada.

Voltar