Novas 2022

COMPETICION

28 Dec 2022

Acordo con Qatar

Acordo con Qatar

Ambas competicións desputarán dúas xornadas no golfo pérsico

Unha expedición da Asociación de Clubs de Traiñeiras liderada polo presidente Borja Rodrigo está en Doha "ultimando un acordo histórico para a ACT". Así, tanto a "Liga Eusko Label como a Liga Euskotren desputarán dúas xornadas no golfo pérsico", tal como nos indica Rodrigo dende Doha. 
 
Aínda que faltan os últimos detalles para saber cal será o lugar exacto que ocupará o campo de regatas e a ubicación da fan zone, Rodrigo amósase moi entusiasmado coas reunións desenvolvidas nos últimos días coas autoridades qataríes.
 
O presidente salienta tamén as facilidades que están a ofrecer para os clubs, como a organización das regatas. "Están moi entusiasmados con albergar as nosas competicións, por iso contactaron directamente coa ACT. Aínda que é certo que estamos a falar para unha tempada, ningunha das partes pechamos as portas a seguirmos a colaborar conxuntamente nas vindeiras tempadas". 
 
Por isto, o presidente transmite a súa alegría dende Qatar "por pechar un acordo histórico e que significará un grande avanzo na visibilidade internacional para a ACT". 
 

Voltar