Novas 2022

COMPETICION

16 Set 2022

Man a man, con acceso á Liga Euskotren

Man a man, con acceso á Liga Euskotren

Tolosaldea Arraun Kluba e Deusto Tecuni-Bilbao aspiran a accederen á Liga Euskotren que contará con oito participantes

O play off de ascenso á Liga Euskotren da tempada 2023 será un man a man entre Tolosaldea Arraun Kluba e Deusto Tecuni-Bilbao. Despois da renuncia ao ascenso de Chapela, e polo conseguinte ascenso de Tirán á Liga Euskotren, deixa o play off feminino con apenas dúas aspirantes. 
 
Dúas traiñeiras que veñen de diferentes traxectorias. Por unha banda, Tolosaldea Arraun Kluba, que vén de se clasificar en cuarta posición na Liga Euskotren, quererá defender o seu posto na máxima categoría do remo de banco fixo, mentres que Deusto, terceira clasificada da Liga ETE, quererá conseguir o ascenso. 
 

Voltar