ACT TV 2022

ESPECIAL

17 Ago 2022

A dobre xornada de Zarautz será o encontro desta fin de semana

A dobre xornada de Zarautz será o encontro desta fin de semana A dobre xornada de Zarautz será o encontro desta fin de semana

A Zarauzko XLV. e a XIV. Ikurriña desputaranse tanto no sábado coma no domingo para ambas competicións

Esta fin de semana a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren chegarán a Zarautz. A súa habitual Ikurriña a dobre xornada será o colofón para a tempada da Liga Euskotren, e servirá para ir decidindo as posicións na Liga Eusko Label.

Esta mañá presentáronse no Concello de Zarautz as dúas Ikurriñas que estarán en xogo esta fin de semana, coa participación de Xabier Txurruka, Alcalde de Zarautz, Leire Arana, Concelleira de deportes e
concelleira en funcións de Turismo, e Pedro Olmedillo, secretario da Xunta Directiva da ACT.

O Alcalde, Xabier Txurruka, subliñou que, "no mellor momento da tempada, chega a mellor regata da Liga. A Ikurriña de Zarautz é, por tradición, por palmarés e polas propias condicións do campo de regatas, o máis importante dos encontros do calendario da ACT. Este ano, como novidade, trasladamos a zona lúdica a Lege Zaharren Enparantza, frente a casa do Concello, onde tamén se ubicará a oficina técnica da regata. O Concello e a Oficina de Turismo poremos, máis unha vez, todo o noso esforzo para que estas XIV.Ikurriña feminina e XLV.Ikurriña masculina sexan, de novo, todo un éxito, mostra da nosa aposta poa igualdade e a paridade na nosa vila".

Por último, Olmedillo admite que a regata de Zarautz supón unha "satisfacción" para a ACT. "É unha bandeira moi importante, e marcada dun xeito moi especial por todos os clubs de ambas competicións, grazas á colaboración do Concello de Zarautz pola súa organización desta dobre xornada", sinala Olmedillo. Por último, o secretario anima a todos os afeccionados a que se acheguen "a esta localidade histórica e tan importante como Zarautz para a ACT para presenciar esta dobre xornada".

A xornada do sábado comezará ás 17:40 horas coa primeira xornada da Zarauzko XIV. Ikurriña da Liga Euskotren, onde as catro tripulacións femininas desputarán a súa penúltima xornada. Así que remate a quenda feminina, será a vez da décimo quinta xornada da Liga Eusko Label. As doce tripulacións dividiranse en tres quendas segundo a clasificación xeral. Daquela, na primeira quenda vogarán CR Ares, Lekittarra Elecnor, Itsasoko Ama-Sotera e Ondarroa Cikautxo, na segunda CR Cabo da Cruz, Zierbena Bahias de Bizkaia, Kaiku Berez Galanta e Getaria Arraun Elkartea , mentres que na terceira quenda competirán Orio Orialki, Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100, Matrix Hondarribia e Bermeo Urdaibai.

No referido á xornada do domingo, comezará ás 11:30 horas coa última xornada da Liga Euskotren. Nela, tras facerse a entrega da Ikurriña de Zarautz á campioa, Orio Orialki recibirá o título da Liga Euskotren por terceira vez. En canto á xornada da Liga Eusko Label, non se verá afectada, e comezará no seu horario habitual ás 12:13 horas.

FAN ZONE
A FAN ZONE da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren voltará a Zarautz, e este ano volta con unha nova localización. En Lege Zaharren Enparantza de Zarautz colocaranse as diferentes actividades coas que os afeccionados poderán gozar dunha experiencia única, antes, durante e despois da dobre xornada da Zarauzko Ikurriña. Tanto no sábado como no domingo, poderanse degustar os produtos Eusko Label ou a Keler, a cervexa oficial, así como tirar fotografías cos trofeos que levarán os campións e campioas da Liga Eusko Label e Liga Euskotren. Tamén estará a pantalla xigante para non perder detalles da dobre xornada, e para os máis pequenos, haberá inchábeis da man de BM Supermercados.

Voltar