ACT TV 2022
ESPECIAL
30 Xul 2022
Orio Orialki segue firme no liderando la Liga Euskotren
A San Nikolas vence na Getxoko Estropaden XLIV Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVIII. Omenaldia e aumenta a vantaxe da clasificación
Despois da semana de paro na Liga Euskotren voltaron competir as catro embarcacións para desputaren a Getxoko Estropaden XIV Ikurriña - JA Agirre Lehendakariaren XVIII. Omenaldia. Igual que en anteriores regatas, Orio Orialki e Donostia Arraun Lagunak mantiveron unha igualdade moi parella durante a maior parte da quenda até que as patroneadas por Nadeth Agirre impoñían unha marcha máis para cruzaren a meta con 2 segundos de renda sobre as donostiarras. Por detrás, Tolosaldea superou a Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100 chegando á meta cedendo 13 e 14 segundos sobre Orio respectivamente.
Daquela, coa vitoria da San Nikolas, Orio aumenta a súa diferenza con Donostia Arraun Lagunak acadando os 26 puntos frente os 23 dos da capital vasca. Na loita polo terceiro posto, a Torrekua mantén o terceiro posto da xeral con 12 puntos frente os 9 de Tolosaldea.
A Torrekua achégase a un punto de Hondarribia na xeral
Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 e Matrix Hondarribia mantiveron unha dura pugna pola Getxoko Estropaden XLIV Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVIII. Omenaldia até uns últimos metros nos que foi mellor a Torrekua II con 1 segundo de renda. Os pupilos de Igor Makazaga suman así a súa 3ª bandeira da tempada e colócanse con 98 puntos na Liga EuskoLabel frente os 99 da Ama Gudalupekoa, que mantén o liderado unha xornada máis.
Por detrás dos dous máis fortes en augas de Getxo foron Urdaibai, perdendo 16 segundos, e Orio e Kaiku, que chegaban 26 segundos máis tarde. Canda a Bizkaitarra farán parte da 2ª quenda de mañá Cabo, Getaria e Zierbena Bahías de Bizkaia e abriran a xornada de mañá Ondarroa Cikautxo, Lekitarra Elecnor, Ares e a Sotera de Santurtzi.