Novas 2022

COMPETICION

23 Xul 2022

Estimada a impugnación de Cabo da regata de Orio

Estimada a impugnación de Cabo da regata de Orio

O Xuíz de Competición porén, desestima a impugnación de CR Ares
 

Despois de analizárense as alegacións das dúas traiñeiras descalificadas na quinta xornada da Liga Eusko Label, a Orioko XXII Estropada – Orio Kanpina X Bandera, o Xuíz de Competición acepta a presentada por CR Cabo da Cruz, mentres mantén a decisión dos xuíces con respecto a CR Ares.

Así, cun tempo de 20:54, CR Cabo da Cruz clasificaríase na oitava posición, retrasando nun posto a Ondarroa Cikautxo (4 puntos), Getaria Arraun Elkartea (3 puntos) e Itsasoko Ama-Sotera (2 puntos).
 

Voltar