Novas 2022

COMPETICION

14 Xul 2022

Zierbena acollerá a XXXIX Bandeira Petronor e a II Bandeira Edinor

Zierbena acollerá a XXXIX Bandeira Petronor e a II Bandeira Edinor Zierbena acollerá a XXXIX Bandeira Petronor e a II Bandeira Edinor

O campo de regatas do Porto de Zierbena acollerá no vindeiro domingo, 17 de xullo, a XXXIX edición da Bandeira Petronor da Liga Eusko Label e a segunda Bandeira Edinor da Liga Euskotren, 6a xornada puntuábel da tempada en ambas competicións.

Esta xornada de remo comezará coa proba feminina ás 11:40, a II Bandeira Edinor, onde as traiñeiras da Liga Euskotren realizarán un percorrido de 1.5 millas mariñas (2.778 metros), con dous longos e unha ceavoga.

O conselleiro delegado de Edinor, Juan Diego, lembrou que a primeira bandeira coincidiu co arranque dunha comunidade enerxética local en Zierbena, e que agora, en vésperas da regata, "podemos dicir que este proxecto se foi endo nunha realidade e o vindeiro luns comezarán a instalar 60 placas fotovoltaicas no tellado deste club de remo".

Posteriormente, ás 12:13h, dará comezo a XXXIX Bandeira Petronor, na que os 12 clubs da Liga Eusko Label estarán divididos en tres quendas, segundo a clasificación da regata da xornada anterior. As traiñeiras masculinas deberán completar un recorrido de tres millas mariñas (5.556 metros), con catro longos e tres ceavogas.

José Ignacio Zudaire, director de Persoas, Organización, Relacións Institucionais e Departamento Económico-financeiro de Petronor, pola súa banda, sinalou que, despois da pandemia, "neste contexto creo que o remo nos dá a receita que nos axuda a enfrentar este tipo crises, que non é outra que esforzo e remarmos todos xuntos, e isto é un bo exemplo do que cómpre facer noutro tipo de elementos".

Durante a presentación, Iñigo de Loyola Ortuzar, alcalde de Zierbena, destacou especialmente o apoio da refinaría de Petronor, "xa que sen a súa aportación esta bandeira non se podería celebrar", e o labor do Club de Remo de Zierbena, "porque ambos sodes os verdadeiros artífices da regata do domingo".

Igualmente, José Luis Herrerias "Txito", presidente do Club de Remo Zierbena, agradeceu a colaboración de Petronor, a súa filial Edinor, e de todas as institucións e empresas que fan posíbel "que a traiñeira estea na auga e poidamos competir a un grande nivel".

 
 📸 Petronor

Voltar