ACT TV 2022

ESPECIAL

02 Xul 2022

Vitoria e liderado para Orio Orialki

Vitoria e liderado para Orio Orialki Vitoria e liderado para Orio Orialki

Orio Orialki se ha impuesto en la VI Bandera Fabrika y se coloca líder de la Euskotren Liga empatadas con Donostia Arraun Lagunak

Orio Orialki suma a súa primeira bandeira da tempada tras superaren a Arraun Lagunak por 4 segundos na VI Bandeira Fabrika celebrada en Donostia. Por detrás, Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100 e Tolosaldea chegaban á meta con 30" e 31" perdidos, respectivamente. Con esta vitoria, as patroneadas por Nadeth Agirre colócase no máis alto da Liga Euskotren con 7 puntos, empatadas con Arraun Lagunak. Ao conseguiren ambas traiñeiras cadansúa vitoria, contabilízase o último resultado, que neste caso é para Orio Orialki.

Pola súa banda, Nadeth Agirre volta ser a mellor patroa da xornada e aumenta a súa renda na clasificación xeral de Clasificación de Mellor Patroa EITB 2022 acandando os 8 puntos.

Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 coróase na casa
Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 coróase na casa conquistando a XIV Bandeira Fabrika, e pasa a liderar a Liga Eusko Label con 23 puntos. Os donostiarras mantiveron un duelo moi igualado con Matrix Hondarribia até as últimas padas, e a traiñeira local foi a que entrou primeira na meta. Con este resultado, a Ama Guadalupekoa é 3ª na clasificación xeral con 21 puntos, os mesmos que Orio Orialki quen na xornada deste domingo foi cuarta. No podio colouse Bermeo Urdaibai dende a segunda quenda, que mantivo unha pelexa co recén ascendido Getaria. Na clasificación do Mellor Patrón Caixabank, Ander Etxegoien (Orio Orialki) mantén o maillote de mellor patrón con 22 puntos polos 21 de Félix Duarte (Cabo), que na XIV Bandeira Fabrika sumou os 12 puntos. 

Voltar