ACT TV 2022

ESPECIAL

01 Xul 2022

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren arrian as súas estachas

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren arrian as súas estachas A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren arrian as súas estachas

Mañá comeza a vixésima tempada da Liga Eusko Label e a décimo cuarta tempada da Liga Euskotren 

As capitais de Bilbao e Donostia daranlle a benvida a unha nova tempada do mellor remo de banco fixo do cantábrico e atlántico. Ademais, servirá tamén para se reencontrar cos afeccionados e afeccionadas que non puideron vivir a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren ao vivo nas dúas últimas tempadas. 

O sábado, coa desputa da XIII – IV Bilboko Bandera – Bandeira de Bilbao enceta a nova tempada da Liga Eusko Label e a Liga Euskotren. O seu habitual formato de contra o reloxo, atravesando algúns dos edificios máis emblemáticos da cidade, servirá tamén para que Tolosaldea se estree na Liga Euskotren, Getaria na Liga Eusko Label e máis para o reencontro con Kaiku.

O domingo, pola súa banda, a XIV-VI Bandeira Fabrika que se desputará na Baía da Concha porá o colofón á primeira fin de semana da competición. Na competición masculina, as quendas serán en base aos resultados do día anterior. 

Retorno da Fan Zone
Esta fin de semana voltaremos reencontrarnos coa FAN ZONE, o espazo que lle gusta ás afeccións. Na xornada do sábado, esta estará ubicada no paseo Uribitarte, perto da zona técnica da regata. O domingo, porén, estará no final do paseo novo, na praza Jacques Cousteau.

Voltar