ACT TV

ESPECIAL

30 Xu˜ 2022

A ACT incorpora melloras no sistema de puntuación do Mellor Patrón

A ACT incorpora melloras no sistema de puntuación do Mellor Patrón A ACT incorpora melloras no sistema de puntuación do Mellor Patrón

Co obxectivo de mellorar os criterios para a escolla cada tempada do mellor patrón ou mellor patroa, ou do patrón ou patroa máis regular, a ACT modificou a norma engadindo un novo parámetro que avalía o traballo realizado no último longo. Por unha banda, redúcese parcialmente o impacto que teñen os mellores tempos totais ao avaliar as ceavogas de cada traiñeira, e por outra, coa incorporación do segundo criterio, ponse en valor o último longo por ser este no que, ao ser entrada libre, o patrón ten máis marxe de manobra.

· Criterio 1: Porcentaxe total empregado na zona de ceavogas, 50 metros antes e 50 metros despois da manobra, con respecto ao tempo total da regata de cada traiñeira. A partir deste ano, co obxectivo de moderar o impacto negativo dos mellores tempos totais, sumarase a metade da súa raíz cadrada.

· Criterio 2: Porcentaxe de tempo no último longo dunha traiñeira respecto ao tempo total desa mesma traiñeira na regata.

Para combinar e xuntar os dous criterios, 1 e 2, en cada factor ordénanse os resultados entre o peor e o mellor valor concedendo o 0% á embarcación que obtivese peores datos e o 100% á embarcación que obtivese os mellores datos. Posteriormente únense os dous factores (resultados) concedendo o 60% do valor ao criterio 1 (ceavogas) e o 40% ao criterio 2 (último longo).

Aplicando este sistema, en cada regata puntuarase a todos os deportistas, do primeiro patrón que sumará 12p ao último que sumará 1p e no caso das patroas, a primeira puntuará 4p e a última 1p. 

Voltar