ACT TV 2022

ENTREVISTAS

23 Xu˜ 2022

Bilbao acollará a primeira regata da nova tempada

Bilbao acollará a primeira regata da nova tempada

A ría será o escenario da XIII. e IV. Bilboko Bandera – Bandeira de Bilbao, no que será a xornada inaugural da vixésima tempada da Liga Eusko Label e da décimo cuarta tempada da Liga Euskotren.

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren comezarán unha nova edición o vindeiro sábado 2 de xullo en augas de Bilbao. A contra o reloxo iuse nunha parada indispensábel no calendario das dúas competicións, que esta tempada servirá tamén para ambas encetaren o seu camiño. 

Esta mañá e frente o Concello de Bilbao, Itxaso Erroteta, Concelleira de Xuventude e Deporte da capital biscaína, e Pedro Olmedillo, Secretario da Xunta Directiva da ACT presentaron a Bilboko Bandera - Bandeira de Bilbao, a primeira que estará en xogo nesta tempada. 

Erroteta destacou o compromiso firme do Concello de Bilbao co remo como "deporte estratéxico e de País".  A Concelleira subliñou ademais que "para Bilbao é un orgullo que esta competición do máximo nivel dea o seu pistoletazo de saída en augas da nosa ría". Finalmente, Erroteta lembrou que o encontro do vindeiro 2 de xullo é "unha oportunidade para gozar ao ar libre duns dos nosos deportes con máis tradición, historia e identidade". 

Pola súa banda, Olmedillo salientou a satisfacción por comezar unha tempada tan especial como a vixésima da Liga Eusko Label nun campo de regatas como o de Bilbao pola "espectacularidade da regata, no centro da cidade, cos edificios máis emblemáticos da cidade". Ademais, amosouse contento pola volta da Fan Zone "despois de dous anos de ausencia, recuperamos ese espazo adicado aos afeccionados, que dá moita cor ás regatas". 

A xornada do 2 de xullo comezará ás 17:40 horas coas catro traiñeiras da Liga Euskotren, que servirá para ver a estrea de Tolosaldea na competición. A contra o reloxo comezará á altura do Concello e alongarase até Deustu, pasando por lugares tan emblemáticos da cidade como a ponte de Zubizuri e o Museo Guggenheim Bilbao, entre outros. 


Ás 18:13 horas será a vez para vermos en acción as traiñeiras masculinas, divididas en tres quendas de catro traiñeiras. Na primeira quenda vogarán Kaiku Berez Galanta, que retorna á Liga Eusko Label, e o debut na competición de Getaria Arraun Elkartea, canda á Lekittarra Elecnor e CR Ares. Na segunda quenda vogarán CR Cabo da Cruz, Ondarroa Cikautxo, Bermeo Urdaibai e Zierbena Bahías de Bizkaia, mentres que na quenda de honra estarán Amenabar Donostiarra UK 100, Orio Orialki, Matrix Hondarribia e Itsasoko Ama Sotera. 

Voltar