Novas 2021

COMPETICION

28 Set 2021

Kaiku retorna coa idea de se afianzar na Liga Eusko Label

Kaiku retorna coa idea de se afianzar na Liga Eusko Label

Un ano despois do seu descenso, a bizkaitarra volta para a Liga Eusko Label

Unha semana despois do ascenso á Liga Eusko Label, en Kaiku AKE están moi contentos e ilusionados co logro obtido. “Esperamos que o ano na ARC 1 nos faga ver e sexamos conscientes do traballo que realizamos para voltar no primeiro ano. Estar na ACT é moi importante para o club, e polo tanto, temos unhas sensacións moi positivas no club”, afirma Amador Antón, o presidente do club.
 
No referido á temporada, é consciente de todo o sufrimento vivido e de que chegaron xustos ao play off, pero unha vez clasificados “tiñamos as nosas posibilidades. Traballamos moito no mar no último mes, e iso fíxonos chegar vivos á xornada do domingo, na que tiñamos unha carta a favor. E aproveitámola” asegura o presidente.  
 
De cara á vindeira tempada, coa confirmación de Jose Luis Korta como adestrador de Kaiku Berez Galanta, a idea que teñen é daren continuidade ao plantel para poderen manter a categoría. O de Ortzaika fai o seu terceiro ciclo no club bizkaitarra desde este verán, as dúas anteriores foron de 1976 a 1987 e de 2008 a 2018.
 
Ademais, no club ollan cara o futuro, xa que o 2023 será o ano do centenario, e o club quererá afianzar o proxecto na Liga Eusko Label, con ambición. 
 

Voltar